Saltar ao contido

Filmes da República Checa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O director checo Jan Svěrák conseguiu o Óscar ó mellor filme internacional polo seu filme Kolja.

A República Checa presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1994 (após a ruptura de Checoslovaquia en xaneiro de 1993). Porén, Checoslovaquia presentou filmes checos antes da súa separación. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2023, tres filmes checos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, Kolja de Jan Svěrák, acadou finalmente o premio.[5][6] Outro filme de Svěrák, Tmavomodrý svět, foi presentado na categoría na 74ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[7] Os outros dous directores checos cuxos filmes foron nomeados son Jan Hřebejk e Ondřej Trojan. Musíme si pomáhat de Hřebejk foi nomeado na 73ª edición dos premios, mais a súa proposta para a 77ª edición, Horem pádem, non o conseguiu.[8] Želary de Trojan foi nomeado na 76ª edición dos Óscar.[9]

Antes de converterse nun estado separado en 1993, a República Checa formaba parte de Checoslovaquia, que presentou vinte e tres filmes para a consideración da Academia entre 1964 e 1991. Tódolos filmes escollidos durante esa época contaban cun significativo número de actores, directores e equipo checos e varios deles acadaron o premio da Academia como Ostře sledované vlaky en 1967 e Obchod na korze, unha produción en lingua eslovaca de 1965.[10]

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[11] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a República Checa para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1994
(67ª)
Lekce Faust Švankmajer, JanJan Švankmajer Non nomeado
1995
(68ª)
Díky za každé nové ráno Šteindler, MilanMilan Šteindler Non nomeado
1996
(69ª)
Kolja Svěrák, JanJan Svěrák Premio da Academia
1997
(70ª)
Zapomenuté světlo Michálek, VladimírVladimír Michálek Non nomeado
1998
(71ª)
Je třeba zabít Sekala Michálek, VladimírVladimír Michálek Non nomeado
1999
(72ª)
Návrat idiota Gedeon, SašaSaša Gedeon Non nomeado
2000
(73ª)
Musíme si pomáhat Hřebejk, JanJan Hřebejk
Nomeado
2001
(74ª)
Tmavomodrý svět Svěrák, JanJan Svěrák Non nomeado
2002
(75ª)
Divoké včely Sláma, BohdanBohdan Sláma Non nomeado
2003
(76ª)
Želary Trojan, OndřejOndřej Trojan
Nomeado
2004
(77ª)
Horem pádem Hřebejk, JanJan Hřebejk Non nomeado
2005
(78ª)
Štěstí Sláma, BohdanBohdan Sláma Non nomeado
2006
(79ª)
Šílení Švankmajer, JanJan Švankmajer Non nomeado
2007
(80ª)
Obsluhoval jsem anglického krále Menzel, JiříJiří Menzel Non nomeado
2008
(81ª)
Karamazovi Zelenka, PetrPetr Zelenka Non nomeado
2009
(82ª)
Protektor Najbrt, MarekMarek Najbrt Non nomeado
2010
(83ª)
Kawasakiho růže[12] Hřebejk, JanJan Hřebejk Non nomeado[13]
2011
(84ª)
Alois Nebel Luňák, TomášTomáš Luňák Non nomeado
2012
(85ª)
Ve stínu[14] Ondříček, DavidDavid Ondříček Non nomeado
2013
(86ª)
Donšajni[15] Menzel, JiříJiří Menzel Non nomeado
2014
(87ª)
Fair Play[16] Sedláčková, AndreaAndrea Sedláčková Non nomeado
2015
(88ª)
Domácí péče[17] Horák, SlávekSlávek Horák Non nomeado
2016
(89ª)
Ztraceni v Mnichově[18] Zelenka, PetrPetr Zelenka Non nomeado
2017
(90ª)
Bába z ledu[19] Sláma, BohdanBohdan Sláma Non nomeado
2018
(91ª)
Všechno bude[20] Omerzu, OlmoOlmo Omerzu Non nomeado
2019
(92ª)
Nabarvené ptáče[21] Marhoul, VáclavVáclav Marhoul
Lista curta de decembro[22]
2020
(93ª)
Šarlatán[23] Holland, AgnieszkaAgnieszka Holland
Lista curta de febreiro[24]
2021
(94ª)
Zátopek[25] Ondříček, DavidDavid Ondříček Non nomeado
2022
(95ª)
Il Boemo[26] Václav, PetrPetr Václav Non nomeado
2023
(96ª)
Bratři[27] Mašín, TomášTomáš Mašín Non nomeado
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (8 de marzo de 2008). "Foreign Language Film Facts". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  6. Tatara, Paul (4 de abril de 1997). CNN, ed. "Child actor shines in Oscar-winning 'Kolya'". Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "74th Academy Awards – Foreign Language Film Symposium". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  8. Seiler, Andy (22 de marzo de 2001). "Your guide to 'other' Oscar nominees". USA Today. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  9. "Oscar nominees list". Pittsburgh Post-Gazette. 28 de xaneiro de 2004. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  10. Pluska.sk (ed.). "Pátrali sme: Kde skončil jediný slovenský Oscar?" (en eslovaco). Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  11. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  12. "Czech film Kawasaki's Rose to compete for Oscar". ceskenoviny. Consultado o 2010-09-30. 
  13. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  14. "Oscar by mohl zůstat Ve stínu". Česká televize. 17 de setembro de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2012. 
  15. "A Few Controversies Amid a Record Number of Foreign-Language Oscar Entries". New York Times. Consultado o 2013-09-08. 
  16. "Oscars: Czechs Nominate Andrea Sedlackova's 'Fair Play' in Foreign-Language Category". Hollywood Reporter. Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  17. "'Home Care' is Czech submission to the Oscars". Prague Post. 17 de setembro de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  18. Holdsworth, Nick (16 de setembro de 2016). "Oscars: Czech Republic Selects 'Lost in Munich' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 16 de setembro de 2016. 
  19. Kozlov, Vladimir (13 de setembro de 2017). "Oscars: Czech Republic Selects 'Ice Mother' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  20. Kozlov, Vladmir (13 de setembro de 2018). "Oscars: Czech Republic Selects 'Winter Flies' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  21. "Česko vyšle na Oscary Nabarvené ptáče. Filmová akademie vybírala z deseti snímků". iROZHLAS (en checo). 2019-09-16. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-16. 
  22. "Academy Unveils 2020 Oscar Shortlists". The Hollywood Reporter. 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  23. ""Charlatan" Selected for Oscars' Best International Feature Film". Prague Morning. 13 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  24. Davis, Clayton. "Oscars Shortlists Announced in Nine Categories". Variety. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  25. "Inspirational Czech biopic 'Zátopek' is in the running for an Oscar nomination". expats.cz. 11 de outubro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  26. "Do bojů o Oscara jde český film, který diváci ještě neviděli - Seznam Zprávy". www.seznamzpravy.cz. Consultado o 12 de setembro de 2022. 
  27. Hloušková, Lenka. "Do boje o amerického Oscara půjde snímek o Mašínech Bratři". Novinky.cz. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2023. Consultado o 12 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]